Na fogueira dos versos (Gallego) Tapa blanda – 2 febrero 2007 de Antonio García Teijeiro


Na fogueira dos versos (Gallego) Tapa blanda – 2 febrero 2007

de Antonio Garcia Teijeiro
Genero : Libros De Poesía Para Niños

Book's Cover of Na fogueira dos versos (Gallego) Tapa blanda – 2 febrero 2007

3.8 étoiles sur 5 de 0 Commentaires client

Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, con máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros «Coplas», «Nenos» e «Aloumiños». En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: «Retorno ós lamentos» (1988), colección Ventobranco; «Ventos» (1992), ilustrado por Ana G. Buhigas; «Lueiro de papel» (1995), ilustrado por María Antonia Pascual; «Na fogueira dos versos» (1996), ilustrado por Enjamio, Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; «O que ven os ollos dos nenos» (2001), prosa poética, ilustrado por Fino Lorenzo; «Os nosos versos» (1997, Xerais 2003), antoloxía poética, ilustrado por Fino Lorenzo; «Chove nos versos» (2004), ilustrado por Lázaro Enríquez; «Recendos de aire sonoro» (2011), ilustrado por Fino Lorenzo; «Un rato díxolle á lúa» (2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas; «Lendo lendas, digo versos» (2015), en colaboración con Antonio Reigosa, ilustrado por Xosé Cobas, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016; «Poemar o mar» (2016), ilustrado por Xan López Domínguez, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, «Paseniño, paseniño» (2018), ilustrado por Marcos Viso, e «Vento, ventiño, venteiro» (2019), ilustrado por María Lires. No eido da narrativa para mozos e mozas ten publicado en Xerais: «En voz baixa» (1998); «Os peixes de cores» (2002), ilustrado por Xosé Cobas; «Honorato, o rato namorado» (2007), ilustrado por Manuel Uhía, e «Verbas de sal» (2011), ilustrado por Alberto Vázquez. Tamén preparou a «Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro» (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas. Enjamio Debuxante ilustrador. Licenciado en Belas Artes polo Instituto Superior de Arte da Habana. Ten ilustrados en Xerais os seguintes libros: Carlota e a bota perdida, Carlota e a gaivota patiamarela, A casa de había unha vez, Un tren cargado de misterios, O home que non quería soñar, Un, Viaxe de ida e volta, Contos por palabras, Na fogueira dos versos, O brillo dos elefantes, Pequena mitoloxía de Galicia e Un saco de estrelas.. Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de lectores, que destacou a pureza e a sinxeleza dos 29 poemas que o compoñen. O autor, partindo de versos escollidos dunha longa nómina de poetas, desenvolve, recrea e reiventa, como xa fixera nalgún poema de Lueiro de papel, o motivo escollido que figura no epígrafe. García Teijeiro establece un diálogo creativo cos poetas da nosa tradición (Martín Códax, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez Ferrín, Lorenzo Varela, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, Xohana Torres, Bernardino Graña, Luz Pozo Garza...), do que nace unha voz propia, distinta. Estes poemas son pequenas xoias literarias, onde se imbrican a espontaneidade e a reflexión, a cultura e a sensibilidade.

» Leer Online Na fogueira dos versos (Gallego) Tapa blanda – 2 febrero 2007

» Descargar Na fogueira dos versos (Gallego) Tapa blanda – 2 febrero 2007 Mobi

» Descargar Na fogueira dos versos (Gallego) Tapa blanda – 2 febrero 2007 en PDF

» Descargar Na fogueira dos versos (Gallego) Tapa blanda – 2 febrero 2007 Epub

» Descargar Na fogueira dos versos (Gallego) Tapa blanda – 2 febrero 2007 en opción directa y rápida